Ante a insidiosa e fraudulenta campaña do PP, cremos que de forma sintética, cómpre sinalar:
* O PP foi quen consentiu, alentou e promoveu o delito estando no goberno municipal de Arzúa. Foi o entón Goberno municipal do PP o que permitiu e abeirou a construción ilegal dun andar máis nun edificio.
* Foi o entón Goberno municipal do PP quen non executou a orde de derribo. Foi o PP, por aquel entón no goberno municipal, que non asumiu responsabilidades.
* Foi o Goberno municipal do BNG quen intentou dar cumprida conta das sucesivas ordes de derrubo e que foi imposíbel materialmente executar.
* Foi o PP, agora na oposición, quen a través dunha trapallada legal temeraria e abusiva, pretende apartar ao alcalde, Xaquín García Couso de ser candidato no Concello de Arzúa. Recorre para iso a unha reforma da lei electoral pensada para os casos de terrorismo e de rebelión, coa que se pode inhabilitar a unha persoa sen que haxa unha sentenza firme.
É importante que teñamos coñecemento pormenorizado do que está a acontecer, e que non aceptemos baixo ningún pretexto que isto entra na dinámica de que todos os políticos son iguais.
INFORME CRONOLÓXICO SOBRE A ORDE DE DERRUBO DO 6º ANDAR DUN EDIFICIO EN ARZÚA.
- 04/05/1987: preséntase no Concello o proxecto básico e de execución para a construción dun edificio de vivendas, locais comerciais e garaxe promovido por Don Isidro Pardo Varela e outros, nun solar da súa propiedade sito nas rúas Avda. de Lugo e Dores, que tiña por obxecto a construción dun edificio de planta soto, semisoto, baixo e dúas plantas; solicitando a pertinente licenza municipal.
- 31/10/1987: concesión de licenza pola Comisión de Goberno para proceder á construción dun edificio de planta soto, semisoto, baixo e dúas plantas.
- 30/11/1987: denuncia de Don Maximino Villar Rodríguez por exceder as obras realizadas por Don Isidro Pardo Varela e outros da anchura permitida.
- 04/12/1987: Decreto de alcalde ordenando a Don Isidro Pardo Varela e outros suspender os actos de edificación e demoler as obras en prazo de dez días, por exceder da licenza concedida, baixo apercibimento de execución subsidiaria.
- 05/12/1987: notificación do devandito decreto a Don Isidro.
- 19/12/1987: denuncia dos veciños de Arzúa por exceso de plantas, beirís e volumes en xeral da edificación (na licenza autorizase a construción de tres plantas a partir de ras de solo e o promotor xa ten levantadas cinco).
- 25/03/1988: acordo do Pleno de :
1. posibilitar a legalización da penúltima e antepenúltima planta (4ª e 5ª respectivamente), para cando queden definitivamente aprobadas a Normas Subsidiarias que autorizan unha altura de 5 plantas, previa a presentación dos correspondentes proxectos técnicos de ampliación do que serviu de base para a concesión da licenza e a tramitación do oportuno expediente;
2. paralización das obras que non podan ser legalizadas (6ª planta e voos) con adopción de medidas para garantir a súa suspensión,
3. e de incoar expediente sancionador contra Don Isidro Pardo Varela.
- 13/04/1988: recurso de reposición de Don Maximino Villar Rodríguez contra o acordo do pleno de data 25/03/1988.
- 29/04/1988: recurso de reposición de Don Isidro Pardo Varela contra el acordo do pleno de data 25/03/1988. 2
- 05/05/19: emisión de informe pola Comisión Informativa de Urbanismo con relación a ditos recursos:
1. proponse a aprobación da penúltima e antepenúltima planta (4ª e 5ª respectivamente) previa tramitación do expediente.
2. proponse a non aprobación da sexta altura por figurar completamente fóra da normativa que urbanística vixente en aquel momento (Normas Complementarias e subsidiarias do planeamento da provincia de A Coruña, aprobadas o 6 de maio de 1977) e no futuro (Normas subsidiarias)
-13/05/1988: acordo pola Comisión de Goberno de :
1. desestimar a petición formulada por Don Isidro Pardo Varela e Don Jesús Antonio Bendaña Martínez, en canto á concesión de licenza municipal para a 6ª planta.
2. que se continúe coa tramitación necesaria en canto á aprobación da penúltima e antepenúltima planta.
- Interposición de recurso contencioso-administrativo nº 842/88 por Don Maximino Villar Rodríguez contra a desestimación do recurso de reposición deducido contra o acordo do Pleno de data 25/03/1988 sobre concesión de prazo para instar a legalización das obras.
- 9/07/1991: Sentencia do TSXG nº 596 de 29 de xullo de 1991, estimando o recurso contencioso-administrativo nº 842/88 interposto por Don Maximino Villar Rodríguez. A normativa que se debe aplicar son as Normas Complementarias e subsidiarias do planeamento da provincia de A Coruña, aprobadas o 6 de maio de 1977. Ordénase a demolición do construído en exceso fora da 1ª licenza outorgada; nulidade dos acordos do Pleno sobre concesión de prazo para instar a legalización da obra construída en exceso, e por tanto non cabe a legalización da penúltima e antepenúltima plantas en base a unhas futuras Normas subsidiarias do planeamento que permiten esa altura pero que aínda non están aprobadas nin sequera publicadas.
- 15/10/1991: acordo da Comisión de Goberno de esperar a que lle sexa notificada a sentencia firme, para decidir sobre a forma de levar a efecto a execución, instando aos condenados a que soliciten a legalización da penúltima e antepenúltima planta.
- Recurso de apelación nº 1646/91 contra a Sentencia do TSXG nº 596 de 29 de xullo de 1991, estimando o recurso contencioso-administrativo nº 842/88 interposto por Don Maximino Villar Rodríguez.
- 28/11/1991: notificación de decreto requirindo aos promotores da edificación para que en nun prazo de dous meses presenten petición de licenza para poder legalizar a construción da penúltima e antepenúltima planta (non da 6ª, que non se pode legalizar).
- 15/11/1994: presentación de proxecto técnico para legalización do exceso construído.
- 28/02/1997: acordo da Comisión de Goberno de concesión de licenza para legalizar a penúltima e antepenúltima planta.
- 12/11/1997: Sentencia firme do TS, desestimando o recurso de apelación e confirmando a STXG de 29 de xullo de 1991.
- 16/04/1998: solicitude do alcalde ao TSXG sobre a forma de levar a cabo a execución da sentencia. 3
- 09/09/1998: decreto requirindo ao técnico para que aporte o programa de demolición da 6ºª planta e requirindo aos propietarios dos pisos da 6º planta para que aporten seus títulos.
- 24/12/1998: oficio de TSXG comunicando ao alcalde que a execución da sentencia consiste en demoler todo o exceso construído en relación á primeira licenza concedida.
- 06/04/1999: oficio de TSXG requirindo a remisión das Normas subsidiarias do planeamento.
- 13/07/1999: auto do TSXG declarando a inexecución da sentencia no relativo á 4ª e 5ª planta sobre o rasante do edificio.
- 22/10/1999: requirimento do TSXG para dar conta das actuacións realizadas para executar la sentencia.
- 30/11/1999: oficio del TSXG requirindo que se proceda á demolición da sexta planta.
- 05/05/2000: requirimento do alcalde ao servizo de asistencia técnico-urbanística do Concello para que emita informe sobre as posibilidades de legalización da 6ª planta.
- 08/06/2000: requirimento ao alcalde para que de modo inmediato leva a cabo as actuacións de demolición da planta 6ª e baixo cuberta.
- 21/07/2000: requirimento do alcalde aos promotores para que presenten en dous meses proxecto de demolición ou en caso contrario execución subsidiaria polo Concello.
- 28/08/2000: recurso de reposición contra dita resolución por Don Jesús Antonio Bendaña Martínez.
- 21/09/2000: requirimento do TSXG para dar conta das actuacións realizadas para executar la sentencia.
- 15/01/2001: requirimento do TSXG para dar conta das actuacións realizadas para executar la sentencia.
- 26/02/2001: Decreto do alcalde acordando a execución subsidiaria.
- 05/04/2001: aprobación de pregos pola Comisión de Goberno para levar a cabo a demolición.
- 07/04/2001: interposición de recursos de reposición contra decreto de alcaldía acordando la execución subsidiaria polos propietarios dos pisos do inmoble.
- 25/10/2001: requirimento do TSXG para dar conta das actuacións realizadas para executar la sentencia, con posterioridade á aprobación dos pregos.
ALCALDE XAQUÍN GARCÍA COUSO
- 20/06/2003: cédula de citación a Xaquín García Couso para que compareza no xulgado o día 25/06/2003. 4
- 11/07/2003: escrito de Don Maximino Villar Rodríguez ante o TSXG manifestando a negativa ao cumprimento do novo alcalde Xaquín García Couso en escrito de 30 de xuño de 2003, e solicitando á sala que requira ao alcalde para que de conta das actuacións realizadas para executar a sentencia con posterioridade ao 13/10/2000, baixo apercibimento de incorrer en delito de desobediencia; solicitando que se ordene ao concello a inmediata demolición, se impoña ao alcalde multa de 1.500 € reiterable, e se esixa a responsabilidade penal que puidera corresponder.
- 30/09/2003: providencia do TSXG para librar novo exhorto a Xaquín e unir aos autos o escrito presentado por Don Maximino Villar Rodríguez
- 31/10/2003: cédula de citación a Xaquín García Couso para que compareza no xulgado o día 31/10/2003.
- 10/01/2005: providencia do TSXG apercibindo a Xaquín de imposición de multas coercitivas e dedución de testemuña para esixir responsabilidade penal por non executar a sentencia, e para que presente alegacións.
- 25/01/2005: informe técnico sobre a demolición e elaboración de pregos.
- 28/01/2005: informe de intervención; non consta no orzamento a consignación
orzamentaria para a contratación das obras, posibilidade de proceder á confección dun expediente de xeración de créditos, nulidade do procedemento de contratación por inexistencia de crédito adecuado e suficiente no momento en que se pretende a contratación.
- 28/01/2005: aprobación de pregos pola Xunta de Goberno Local.
- 07/02/2005: cédula de citación a Xaquín García Couso para que compareza no xulgado.
- 05/03/2005: alegacións aos pregos polos propietarios dos pisos do inmoble.
- 16/01/2006: requirimento da fiscalía de remisión de copia do expediente.
- 20/12/2005: escrito de Dona Teresa Villar Rivadulla, nos mesmos termos que o de
Don Maximino Villar Rodríguez de data 11/07/2003.
- Petición de informes sobre posible legalización da 6º planta mediante a aprobación do PXOM.
- 02/01/2006: denuncia de Dona Teresa Villar Rivadulla ante a fiscalía.
- 02/02/2006 informe de intervención para deixar constancia de que no proxecto de orzamento para o 2006 si existe partida orzamentaria para acometer a execución subsidiaria.
- 07/02/2006: resolución de alegacións aos pregos pola XGL.
- 02/03/2006: denuncia do fiscal ante o xulgado de Arzúa.
- 03/03/2006: acordo de contratación das obras de demolición pola XGL por procedemento aberto.
- 08/03/2006: solicitude de remisión do expediente polo xulgado de instrucción (Dilixencias previas P.O.136/2006). 5
- 27/03/2006: publicación no BOP do anuncio de contratación das obras de demolición por procedemento aberto.
- 31/03/2006: interposición de recursos de reposición contra acordo da XGL 07/02/2006 e sobre a contratación da obra.
- 7/04/2006: publicación no DOGA do anuncio de contratación das obras de demolición por procedemento aberto.
-16/02/2007: Decreto iniciando de novo a contratación por procedemento negociado ante a falta de presentación de ofertas no procedemento aberto.
- 28/02/2007: acordo da XGL aprobando o prego.
- 17/03/2007: anuncio no BOP de exposición pública dos pregos.
- 13/07/2007: acordo da XGL de contratación das obras.
- 24/08/2007: invitación a tres empresas para participar no procedemento de
contratación, unha das empresas presentou escrito de renuncia, as outras dúas non se presentaron.
- 17/09/2007: cédula de citación a Xaquín García Couso como imputado por delito de desobediencia.
- 18 /01/2010: Celebración xuízo oral
- 08/10/2010: Sentenza nº 400 de 8 de outubro de 2010 do Xulgado do Penal nº 1 da Coruña pola que se inhabilita a Xaquín García Couso á pena de inhabilitación especial para emprego ou cargo público durante o tempo de seis meses.
- 24/02/2011: Notificación da Sentenza (pasaron 13 meses e 6 días desde que houbo o xuízo ata que lle notificaron a Sentenza e 4 meses e 16 días desde que se ditou a Sentenza ata que a notificaron)
-11/03/2011: Presentación Recurso de Apelación diante da Audiencia Provincial da Coruña
CONCLUSIÓNS:
Ao alcalde anterior realízanlle 6 requirimentos, 4 para dar conta das actuacións realizadas, e dous para proceder de modo inmediato á execución da sentencia.
Posteriormente ao penúltimo requirimento de data 15/01/2001, resolve acordar a execución subsidiaria o día 26/02/2001; aprobándose os pregos pola Comisión de Goberno o día 05/04/2001.
O último requirimento é de data 25/10/2001, e con posterioridade a este requirimento non se realiza ningunha actuación polo anterior alcalde, cesando no seu cargo en xuño de 2003.
A Xaquín fánselle 4 requirimentos.
O primeiro requirimento de data 20/06/2003 fáiselle poucos días despois da súa toma de posesión, en concreto 8 días despois, e ten por obxecto dar conta das actuacións realizadas para executar a sentencia, que loxicamente, son actuacións que correspondía ter realizado ao equipo de goberno anterior.
Aínda así o día 11/07/2003, Don Maximino (que resulta ser sogro do anterior alcalde) solicita á Sala que requira ao alcalde para que de conta das actuacións realizadas para executar a sentencia con posterioridade ao 13/10/2000 (que correspondía ter realizado ao equipo de goberno anterior, do seu xenro), baixo apercibimento de incorrer en delito de desobediencia, solicitando que se impoña ao alcalde unha multa de 1.500 €, e que se lle esixa a responsabilidade penal que lle puidera corresponder, algo realmente incrible si temos en conta que nesa data o alcalde non levaba nin sequera 1 mes de mandato.
Desde o ano 97 en que recaeu a sentencia firme do TS ata o 12 de xuño de 2003, en total, 6 anos, o único que se fixo para executar a sentencia polo goberno anterior foi aprobar os pregos de contratación pola Comisión de Goberno.
En menos de tres anos de goberno de Xaquín, desde o 12 de xuño de 2003 ata o 7 de abril de 2006, tramitouse o procedemento de contratación de inicio a fin, pero a demolición non se puido realizar porque ningunha empresa presentou oferta.
Aínda así, a principios do 2007 retomouse de novo a contratación da demolición por procedemento negociado (ante a falta de ofertas no procedemento de contratación anterior), e volveuse tramitar ata o final, ata a invitación a tres empresas para participar no procedemento de contratación o día 24 de agosto de 2007, non sendo posible de novo executar a demolición porque das tres empresas invitadas, unha presentou escrito de renuncia e as outras dúas non se presentaron (logo a opción que quedaba era que o propio alcalde se puxera en persoa a demoler a 6ª planta con pico e pala.....).
Sorprendentemente, o 19 de setembro de 2007, o alcalde recibe cédula de citación como imputado por delito de desobediencia.
O QUE NON DEBEMOS ESQUECER.
1.- A CONDENA É POR DESOBEDIENCIA, é dicir, por negarse a dar o debido cumprimento a unha resolución xudicial. NON É POR MALVERSACIÓN, NIN POR COHECHO, NIN POR TRÁFICO DE INFLUENCIAS, NIN POR DEFRAUDAR, NIN POR CORRUPCIÓN, NIN POR ROUBAR....
2.- A PENA Á QUE CONDENA A SENTENCIA É A MÍNIMA PREVISTA PARA ESE DELITO: 3 MESES DE MULTA E 6 MESES DE INHABILITACIÓN ESPECIAL (a pena prevista para o delito comprende de tres a doce meses de multa e inhabilitación especial para emprego ou cargo público por tempo de seis meses a dous anos).
3.- A SENTENCIA NON É FIRME, os servizos xurídicos xa están traballando no recurso que se vai presentar ante a Audiencia.
4.- RESPETAMOS A SENTENCIA, PERO NON ESTAMOS DE ACORDO CON ELA, en ningún momento se desobedeceu nada, fíxose todo o posible para que dita sentencia puidera ser executada; de feito cando se recibe a citación pola imputación do delito de desobediencia o día 7, o 19 de setembro de 2007, xa se tiñan tramitado polo Concello dous procedementos de contratación para seleccionar á empresa que se fixera cargo da demolición (FEITOS RECOÑECIDOS COMO PROBADOS NA PROPIA SENTENCIA); se non se puido demoler a 6ª planta foi porque en ningún dos dous procedementos houbo ningunha empresa que se presentara para a demolición, algo comprensible, xa que as empresas constructoras o que queren é precisamente construír, non demoler.
5.- Á OBRIGA DE DEMOLER A 6ª PLANTA DERIVA DUNHA SENTENCIA FIRME DO TRIBUNAL SUPREMO DO ANO 1997, como sabedes tomouse posesión o día 12 de xuño de 2003, co que queda claro que isto é un problema que herdamos dun procedemento que se tramitou de principio a fin polo goberno anterior. Foi o anterior goberno o que deixou pasar 6 anos dende a firmeza da sentencia de demolición do Tribunal Supremo sen facer nada; de feito, nin sequera chegaron a aprobar en todo ese tempo a contratación da obra en ningún momento, e, sen embargo, o alcalde a quen se condena é Xaquín.
É curioso que inhabiliten a Xaquín por retrasar a execución da Sentenza de derrubo cando o Xuíz que o inhabilita tarda case 9 meses en ditar a Sentenza desde que se celebrou o xuízo, e máis de 4 meses en notificarlla.
4/28/2011
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Negarse a dar cumprimento a unha resolución xudicial... non me parece moi positivo, aínda que sexa un marrón. Por certo, a data da notificación da sentenza é de 2011, non 2010. Unha errata.
ResponderExcluir