4/17/2011

O Concello de Arzúa segue desfrutando dunha boa saúde económica

O BNG dou públicamente conta da liquidación do exercizo do 2010 e da existencia dun remanente de tesourería de 318.000 euros que se destinará á execución de importantes actuacións no municipio.

Arzúa, a 11 de abril de 2011.- A liquidación do orzamento do exercizo 2010 deu un bo resultado en Arzúa, xa que se producíu un aforro neto de 196.539,48 euros e os ingresos foron superiores aos gastos nun total de 316.000 euros. Os números indican que o goberno municipal do BNG foi capaz de realizar unha extraordinaria xestión económica que sigue a tónica dos últimos exercizos e que ten permitido situar ao noso como un dos concellos máis saneados e mellor xestionados do país. O volumen de endebedamente sitúase no 37 %, xusto na metade do límite de endebedamento permitido, o que sen dúbida é unha boa noticia nun momento no que a maior parte das economías municipais atravesan momentos realmente difíciles.

Consecuencia desa boa xestión económica desenvolta, está previsto destinar máis de 18.000 euros á instalación de internet en banda larga nos locais sociais de todas as parroquias de Arzúa, deste xeito, calquera veciño do rural non só disporá dun local público dende o que acceder gratuitamente a internet senón que terá a posibilidade de contratar o servizo para ter acceso á banda ancha dende o seu domicilio. Trátase dunha iniciativa, que como di o noso Alcalde é “realmente importante e moi necesaria para os veciños e veciñas do rural que por primeira vez van ter a posibilidade real de familiarizarse con internet e coas novas tecnoloxías para aproveitar as súas vantaxes e coñecer as súas utilidades”.

Máis de 70.000 euros destinará o goberno municipal á instalación de parques biosaudables nas parroquias do municipio nunha clara aposta polo incremento do benestar social dos veciños do rural.

Preto de 10.000 euros destinaranse á adquisición de 50 novos suxeita contedores e 20.000 euros á adquisición e renovación das sinais indicativas dos lugares das parroquias así como á sinalización horizontal.

Entendemos tamén desde o BNG que era interesante a instalación de bancos e árbores no campo da festa de Brandeso e o acondicionamento da primeira planta do local social de Dodro (10.413 euros). Tamén está previsto o peche do campo da festa de Viladavil por un importe de 12.842,81 euros.

Á amortización de préstamos destinará o goberno municipal os máis de 25.000 euros procedentes dos recortes salariais indicados polos goberno do Estado aos traballadores municipais e máis de 85.000 euros terán como finalidade o acondicionamento de pistas e camiños rurais.

Máis de 33.000 euros destinaranse ao mantemento e conservación das zonas verdes municipais e unha cantidade similar será a que se invirta na contratación temporal de traballadores, entre eles unha persoa encargada para os traballos de numeración de rúas, outra para atender a oficina de información turística e outras para labores de limpeza viaria.

Xaquín García destacaba esta mañá o importante traballo do seu goberno na consecución dun concello saneado e indicaba que “a nosa boa xestión permite que agora poidamos emprender actuacións tan importantes para todos os veciños, é sen dúbida un logro importantísimo e moi agradecido polas persoas do noso rural”.

1 comentários: