Foron máis de 1200 os veciños e veciñas de Arzúa de máis de 65 que se reuniron para ter uns momentos de lecer, xa que desde o BNG sempre entendemos que o "comedor sobre rodas" a mellora da axuda axuda a domicilio, os parques biosaúdables e todas as accións e actividades que se celebran durante todo o ano no noso Concello, é bo rematen cunha exitosa festa coma esta, que serve de recoñecemento a quen colaborou a que Arzúa sexa hoxe o que é.
A xornada resultou todo un éxito, ás 12 do mediodía tivemos un fermoso concerto da Banda de Música de Arzúa, unha hora máis tarde escoitaron a misa e o pregón de benvida. Dona Rosa Castro, quixo lembrar a D. Luis Cascón, unha das persoas que "máis ten loitado polo bo funcionamento do clube de xubilados".
Tamén o alcalde de Arzúa, Xaquín García, se dirixiu a todos os presentes para facerlles saber que eles son unha peza clave do traballo do seu goberno durante todos estes anos e lembrou a importancia que o benestar social e a calidade de vida das persoas maiores ten en cada unha das iniciativas que se levan a cabo.
Os homenaxeados deste ano foron Dona Celsa Lareo Lamas, residente na Rúa Baltasar Pardal, de 97 anos, que recibiu unha fermosa figura de Sargadelos de man do alcalde, Xaquín García e D. Emilio Garea Ares, domiciliado na Rúa Alcalde Juan Vidal, con 91 anos de idade que recibíu un agasllo da concelleira de Benestar Social, Aurora Varela.
Despois de xantar e bailar repartironse entre os presentes 19 vales canxeables por unha cea ou comida nas casas de turismo rural e restaurantes que participaron nesta iniciativa.
Ao final da xornada os maiores de Arzúa amosaron a súa ledicia por ter desfrutado dun exquisito banquete e dunha conversa agradable e proveitosa o cal nos alegra moito.
0 comentários:
Postar um comentário